|
martes, 15 de junio do 2010 |
Ricardo Mirón Gutiérrez, naceu hai 58 anos en Pontevedra. Casado e pai de dous fillos, ocupou unha boa parte da súa vida pelexando como empresario da construcción, para sacares adiante os seus proxectos e conseguir situa-las súas firmas entre as máis importantes do sector na provincia pontevedresa.
Comenzou a súa labor como empresario en 1967, e desde entonces foise labrando un merecido prestixio entre a patronal. Na actualidade as súas tres empresas dan traballo a máis de trescentos empleados.
Pero a súa laboura nunca se limitou ao eido estricto das súas empresas, respondeu sempre con entusiasmo cando lle pidiron apoio e colaboración para poñer en marcha asociacións empresariais, ou para potenciar organismos públicos. Ricardo Mirón é socio fundador da Asociación de Empresarios da Construcción na Provincia de Pontevedra (APEC) foi vocal da Confederación Nacional da Construcción (CNN) e tamén ocupou a secretaría da Fundación Laboral da Construcción en Galicia.
Leva 22 anos na Cámara de Comercio, cumprendo os seus cometidos nos distintos órganos de gobierno aos que pertenceu.
Desde o día 13 de xuño de 2006, é Presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra.
Academicamente, cursou Bacherelato Superior.
Entre as súas aficións predomina o deporte sobre calquera outra. Gusta de estares ben informado e por iso almorza cos periódicos que se editan na nosa capital e provincia e algúns diarios deportivos de tirada nacional.
Entre os deportes destaca a navegación, con longas e frecontes travesías polo Atlántico e o Cantábrico. Galicia e Asturias, por este orden, comparten os seus amores pola “terra chica”.
A bicicleta tamén forma parte da súa vida deportiva. Nunha primeira etapa como corredor, logo Directivo da Federación Galega e membro do Comité Nacional de Ciclo Cross. Na actualidade procura segui-las grandes e pequenas carreiras do calendario nacional e internacional.
E por último o fútbol, porque a día de hoxe é o deporte que máis necesita das súas atencións. É vicepresidente do Pontevedra Club de Fútbol. Ricardo, xunto co seu irmán Nino e o resto de Equipo Directivo, foron os pilares fundamentales do ascenso do Pontevedra á Segunda División durante a tempada 2003-2004.
|