Inicio arrow Novas arrow Últimas arrow Becas Investigación Caminos Xacobeos
Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Pontevedra
 
 
 

Plataforma de Formación Virtual

Becas Investigación Caminos Xacobeos PDF Imprimir Correo-e
miércoles, 23 de enero do 2008
A Asociación de Cámaras de Comercio dos Camiños de Santiago, concede seis bolsas e un premio de investigación, para investigar sobre todas as rutas xacobeas.
A Asociación de Cámaras de Comercio dos Camiños de Santiago, queintegran 31 entidades de toda España, polo territorio das cales discorre algunha ruta xacobea, acaba de adxudicar as bolsas e o premio de investigación, convocados para financiar traballos que impulsen, potencien e salvagarden calquera dos camiños de Santiago existentes na actualidade.

Os traballos seleccionados, entre as 17 propostas presentadas no prazo de tempo establecidos na convocatoria, deberán estar concluídos antes do 15 de maio próximo.

O Comité Executivo da Asociación, que preside o presidente da Cámara de Santiago, Jesús Asorey; e do que forma parte o titular da Cámara de Pontevedra, Ricardo Mirón, en calidade de secretario, anunciou o fallo do xurado calificador, que outorgou o Premio de Investigación dotado con 4.500 euros, María José Andrade, de Carballo, para que achegue novos estudios sobre o Camiño Francés.

Aínda que se convocaron 6 bolsas, o Comité Executivo deixou unha deserta, porque ninguén propuxo afrontar un informe sobre o Camiño inglés.

As axudas adxudicadas corresponderon a:

    - Alberto Gómez García, de Faca, en Huesca, que propuxo traballar sobre "A hospitalidade e solidariedade jacobea. A asistencia e o auxilio aos peregrinos necesitados na Ruta Aragonesa".

    - Luz Fernández Garrido, de Santiago de Compostela, que estudará "O Camiño Portugués. A grande vía histórica entre Galicia e Portugal. A cultura enológica no Camiño Portugués:culto, tradicións, lendas".

    - Andrés Romero Trillo, de Fisterra, becado para que traballe sobre "O Camiño do Norte, a peregrinación da fachada
      cantábrica e a súa relación coas vías do ferrocarril".

    - Patricia Cupeiro López, de Ferrol, que elaborará un estudio sobre "Patrimonio e Turismo. A intervencón arquitectónica no patrimonio cultural a través do programa de paradores nacionais nas rutas jacobeas".

    - José Manuel Pérez Pintor, de Cáceres, subvencionado para que investigue "O Camiño Jacobeo, Ruta da       Plata:caracterización, estrutura e potencialidades socioeconómicas".

    Cada un destes cinco bolseiros recibirá 3.000 euros.
 
< Ant.   Seg. >
Advertisement

© 2010 Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Pontevedra
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.
C.I.F. Q3673001H
C/ Jardines de Vincenti, 4 - 2 - C.P.36001 Pontevedra
Tlf: +34 986866303 Fax: +34 986862643
Template Design by funky-visions.de