Inicio
Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Pontevedra
 
 
 

Plataforma de Formación Virtual

Sindicación

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Ricardo Mirón trasladará á Xunta e Concello de Pontevedra PDF Imprimir Correo-e
jueves, 18 de febrero do 2010

Ricardo Mirón Gutiérrez, presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, quere manifestar publicamente, que comparte a gran preocupación detectada entre os empresarios afincados nesta cidade, ante as supostas consecuencias que tería o Plan de Ordenación do Litoral (POL), que propón a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Como primeira reacción, o presidente cameral informa que trasladará todos estes temores á Xunta de Galicia e Concello de Pontevedra, para concretar o tratamento que recibirán no POL, todas estas naves industriais, máis de 40 segundo algunhas informacións, que teñen comprometido o seu presente e futuro.

As informacións que transcienden á opinión pública, principalmente desde o goberno local, outorgan protección ecolóxica; é dicir, a que non autoriza intervención urbanística algunha, en zonas que actualmente aparecen ocupadas por numerosas industrias.

Estes empresarios queren saber con total certeza, si o POL expón a desaparición dos concesionarios automobilísticos situados na avenida de Lugo; a sede da Cultural e Recreativa de Mourente, Pinturas Alborada, Cristalería Pontevedresa, Gráficas Duher, por citar algúns exemplos. Si tampouco teñen futuro as naves de Supermercados Moldes e Juviol, no Marco.

Como presidente da Cámara de Comercio, di Ricardo Mirón, quero ofrecer toda a colaboración que sexa necesaria, tanto aos afectados como ás nosas autoridades públicas, para acabar canto antes con esta incerteza, que mingua a confianza de empresarios e traballadores nos seus proxectos de futuro, sobre todo nestes tempos de crises.

De confirmarse este Plan de Ordenación de Litoral, non cabe dúbida que se completará a desertización industrial dun municipio, onde o paro converteuse no primeiro problema que soportan os pontevedreses.

 
< Ant.   Seg. >
Advertisement

© 2010 Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Pontevedra
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.
C.I.F. Q3673001H
C/ Jardines de Vincenti, 4 - 2 - C.P.36001 Pontevedra
Tlf: +34 986866303 Fax: +34 986862643
Template Design by funky-visions.de