Inicio arrow Novas arrow Últimas arrow Brasil mercado exterior máis atractivo
Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Pontevedra
 
 
 

Plataforma de Formación Virtual

Brasil mercado exterior máis atractivo PDF Imprimir Correo-e
miércoles, 05 de diciembre do 2007

Brasil consolídase como o mercado exterior máis atractivo para o empresario galego.

dúas misións comerciais independentes, desenrroladas días atrás, no Brasil, puxeron o colofón á actividade da Cámara de Comercio de Pontevedra en Comercio Exterior. 

Os dous desprazamentos de empresarios organizáronse dentro do FOEXGA (Fomento das Exportacións Galegas) cofinanciado pola Xunta de Galicia, Cámaras de Comercio, e os propios participantes.

A primeira misión comercial contou coa presenza de 14 empresarios, vinculados aos sectores dos viños, conservas, maquinaria para a elaboración e transformación de productos alimenticios, perfiles de aluminio, formación, granito, peixe conxelado, naval e informática.

A axenda de traballo organízase coordinadamente dende Pontevedra e Florianópolis, cidade onde está ubicada a Oficina Permanente que a Cámara creou no Brasil.

Os 14 empresarios que cruzaron o Atlántico con esta misión comercial, visitaron Sao Paulo, Florianópolis, Río de Janeiro, Belo Horizonte e Salvador de Bahía, en función dos seus intereses comerciais e industriais.

Despois de quince anos traballando no mercado brasileiro, indica o informe cameral sobre esta misión, nestes momentos son moi frecuentes as relacións empresariais entre sociedades de Galicia e o país sudamericano, sobre todo nos sectores vinculados á pesca.

Ademáis, Brasil, cos seus 180 millóns de habitantes e o 40% do PIB de Sudamérica, converteuse nun dos países máis solventes, de cara a posibles inversións extranxeiras.

Brasil é o segundo socio de España, despois de México. E noso país é o seu décimo proveedor.

* Granito 

A segunda misión comercial ao Brasil foi organizada conxuntamente polas Cámaras de Pontevedra e Tui, porque é no Porriño donde contamos coas principais canteiras de granito.

Participaron nese viaxe seis empresarios do sector, acompañados polo presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, Ricardo Mirón, invitado polo Sindicato de Graniteiros de Salvador de Bahía, cidade ónde se desenrolaron todas as actividades.

Os empresarios que viaxaron ao país carioca pertencen a firmas que se adican a fabricar maquinaria para a transformación do granito, canteiros e procesadores.

A misión desenrolouse na última semana de novembro, e o programa recollía encontros técnicos onde se exponían aos empresarios galegos os recursos graniteiros do estado de Bahía, como plataforma de apoio para os contactos directos entre empresarios, que se producían a continuación.

Ricardo Mirón destaca a visita ao Museo Geológico de Salvador de Bahía, porque alí se detallaban as minas existentes, que todavía no han comenzado a ser explotadas, e o catálogo dos yacimentos de granito e pedras preciosas, que estaban dispostos para a súa licitación.

Neste Estado brasileiro, informaron os empresarios brasileiros, atópase a máis extensa variedade cromática do granito.

Entre as entrevistas mantidas coas autoridades políticas do Estado de Bahía, hai que destacares a celebrada co Secretario de Industria, Señor Amoedo, a quen a comitiva galega pideu apoio para simplificar os trámites burocráticos en cualquier proposta exportadora, e a supresión de aranceles.

Esta é a cuarta misión comercial sobre o granito que organizan as Cámaras de Pontevedra e Tui. En dúas ocasións foron os empresarios brasileiros os que visitaron Galicia.

Desde o punto de vista comercial, o maior interés para os empresarios galegos céntrase na exportación das máquinas para transformar o granito, porque Brasil, cunha impresionante reserva de materia prima, atópase como Galicia hai 20 años; é dicir exportaba o granito en bruto, para importalo transformado en encimeras ou pedra para outras moitas utilidades.

Outro dos compromisos adquiridos neste viaxe por graniteiros de Galicia e Salvador de Bahía, é a participación na Feira Vitoria, a celebrares o vindeiro ano, adicada a este sector industrial. 
 
< Ant.   Seg. >
Advertisement

© 2010 Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Pontevedra
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.
C.I.F. Q3673001H
C/ Jardines de Vincenti, 4 - 2 - C.P.36001 Pontevedra
Tlf: +34 986866303 Fax: +34 986862643
Template Design by funky-visions.de