Asinamento do Convenio de colaboración entre a Cámara de Comercio de Pontevedra e Caixanova.
Este convenio que asinan Xulio Fernández Gayoso, presidente de Caixanova; e Ricardo Mirón Gutiérrez, presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, supón un paso definitivo para a posta en marcha do Viveiro de empresas máis importante da provincia, pola súa capacidade, para 53 emprendedores; polas súas prestacións, no Polígono Industrial do Campiño; e pola súa inversión, que supera o 1.300.000 euros.
O Viveiro de Empresas levantarase nunha parcela de 6.000 metros cadrados aproximadamente, cedida polo Concello de Pontevedra, por un prazo de tempo de 25 anos.
É unha colaboración máis, tan importante como as da Xunta de Galicia, Deputación Provincial, esta de Caixanova, a Fundación INCYDE, do Consello Superior de Cámaras de Comercio Españolas; e a propia Cámara de Comercio de Pontevedra.
Cada unha destas administracións e entidades achega unha determinada cantidade, se acaso destacar o millón de euros do Incyde, pero tan imprescindible resulta a máis elevada das axudas financeiras, como a máis pequena, porque se non logramos reunir todas as pezas do crebacabezas, o proxecto do Viveiro quedaría hipotecado.
Os viveiros de empresas nacen coa misión de coadxuvar á creación e consolidación de pequenas e medianas empresas. O consello Superior de Cámaras de Comercio Españolas, a través do Instituto Cameral de Creación e Desenvolvemento da Empresa (INCYDE, puxo en marcha unha rede de viveiros, coa misión de levar a cabo as iniciatias dos mozos emprendedores.
Nicolás Enríquez, director do INCYDE, que visitou en numerosas ocasións a nosa cidade, insiste na súa mensaxe de que "o único xeito de crear emprego é crear empresa, e estas iniciativas son a ferramenta que permitirá non só crear empresas, senón tamén a súa consolidación".
Por outra banda, engadía Enríquez, con independencia do papel que cada un dos organismos e entidades xoga nos Viveiros de empresas, "o mérito dos magníficos resultados que estamos a obter, hai que adxudicarllos ao conxunto de axentes que fan posible as propostas", como Caixanova, con este convenio de colaboración, puntualiza Ricardo Mirón.
* Anteproxecto do Viveiro do Campiño
A situación do Viveiro Empresarial do Campiño será na parcela a-50.
O Viveiro disporá de 53 oficinas para a situación dos emprendedores, ademais dunha serie de espazos comúns destinados tanto a reforzar a súa imaxe, coma a prestar os servizos requiridos polas empresas (aula de informática, sala de reunións, sala de fotocopiadora, recepción, sala de mantemento, etc.)
* Servizos
1. Infraestrutura: Un conxunto de despachos e sala de reunións. 2. Servizos xerais: comunicacións (Internet e teléfono), mantemento, calefacción, limpeza e outros. 3. Apoio e tutela: O viveiro dispón de profesionais especialistas en xestión empresarial para axudar e orientar en todas aquelas cuestións xerais que vaian xurdindo.
4. Seguimento permanente e individualizado a todas as empresas instaladas.
5. Formación: a Cámara consciente da importancia que esta ten organiza diversos programas formativos de carácter teórico e práctico.
* Coordinación e Asesoramentos:
O obxectivo final da construción dos viveiros de empresas non é soamente o da situación física de empresas neles, senón tamén tratar de asegurar a supervivencia. Está demostrado que no primeiro ano de vida, a falta de solidez e de asesoramento personalizado, contribúe en máis dun 50% á desaparición da empresa. Para evitar a desaparición das empresas creadas nos primeiros anos de vida, realízase un PROGRAMA DE ASESORAMENTOS Y TUTORIZACIÓN, para as empresas e emprendedores instalados no viveiro ou creadas dentro do programa de formación, pero que polas súas características, non estivesen situadas no viveiro.
* Plan de Formación e Financiamento
A Cámara de Comercio, consciente da importancia que ten a formación en todas e en cada unha das fases do proceso de creación dunha empresa, presta unha especial atención a este capítulo, por iso a construción do Viveiro Empresarial atopa ligado á realización de PROGRAMAS DE FORMACIÓN, para emprendedores que conten cunha idea de negocio, e desexen realizar un proxecto viable de creación de empresa. Hai que ponderar os proxectos pensando nas posibilidades de futuro.
Estes programas van constituír a fonte de detección, desenvolvemento e valoración de posibles ideas empresariais a iniciar na futura sede empresarial.
* Un filtro inevitable
A Cámara de Comercio antes de abrir as portas do Viveiro a unha iniciativa, esixe aos emprendedores que superen uns mínimos requisitos, como son uns cursos de formación, que os preparen á hora de poñer en marcha os seus respectivos negocios.
Están programados 10 cursos de formación, para o período 2007-2010.
Durante este ano 2007 xa realizamos 3 cursos nos que participaron ao redor de 60 alumnos.
* Posibles beneficiarios
Poden solicitar beneficiarse dos servizos deste viveiro aquelas persoas físicas ou xurídicas cun proxecto empresarial que a Comisión Técnica do Viveiro creada ao efecto, considere que ten posibilidades de supervivencia, e cumpran ademais os seguintes requisitos: 1. Estar dado de alta no Imposto de Actividades Económicas nun epígrafe empresarial ou de profesionais non colexiados. 2. Ter o domicilio fiscal dentro da demarcación territorial da Cámara de Pontevedra.
3. Ser unha empresa de nova creación ou que iniciara a súa actividade como máximo nos catro meses anteriores á solicitude de entrada no viveiro. 4. Que teñan a condición de PYME de acordo coa normativa europea. 5. Non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas na declaración xurada que deberá asinar o solicitante.
* Valoración das solicitudes
Os proxectos serán avaliados en función dunha serie de criterios valorados de forma conxunta. Estudarase en particular os seguintes aspectos:
1. Idoneidade do proxecto presentado para adaptarse ás instalacións cedidas 2. Que os proxectos cumpran os criterios de independencia no referente á participación no capital social por sociedades mercantís. 3. Número de postos de traballo a crear. 4. Garantía e solvencia do proxecto. 5. Que o/os emprendedores recibiran a formación, consultoría e asesoramento que se ofrecen nos Programas de Creación e Consolidación de Empresas desenvolvidos pola Cámara en colaboración coa fundación INCYDE. 6. Que o/os titular/é da empresa pertenza a algún dos colectivos que sofre desigualdades ou discriminacións con respecto ao mercado laboral. 7. Valor engadido creado polo proxecto. 8. Outros que poidan ser considerados de importancia.
Nicolás Enríquez na súa última visita a Pontevedra destacaba que o 90% das propostas empresariais que naceron nestes viveiros, se consolidaron no mercado español, e que o obxectivo final do Incyde que o 100% dos proxectos prosperen, para o cal resulta imprescindible unha garantía moi alta, na elección das iniciativas que chegan ás Cámaras de Comercio.
* Viveiro Eladio Portela
A Cámara de Comercio conta actualmente cun viveiro de Empresas, situado na rúa García Camba, de Pontevedra, nas dependencias da antiga sede cameral.
Dende a súa inauguración, hai dous anos, está a funcionar a pleno rendemento.
Achegamos unha pequena estatística das empresas que actualmente ocupan o viveiro, e outra cunha pequena memoria da actividade despregada nestes anos.
BENEFICIARIOS ACTUAIS A DATA: 25 de Novembro de 2007
| SECTOR | NOME DA EMPRESA | Nº DE POSTOS DE TRABALLO CREADOS | Servizos Sociais
| IDADES SOCIEDAD CIVIL | 20 | Servizos a empresas
| MOMENTO PRODUCTO, S.L.
| 2
| Deseño Bioclimático
| ECOGESTURA, S.C.
| 4
| Servizos a empresas
| MOMENTO INVESTIMENT, S.L.
| 2
| Servizos culturais
| AMBIENTARTE, C.B.
| 3
|
EMPRESAS QUE PASARON POLO VIVEIRO SECTOR
| NOME DA EMPRESA
| Nº DE POSTOS DE TRABALLO CREADOS
| DESPOIS DA SÚA ESTANCIA NO VIVEIRO | | Servizos de Enxeñaría | Enxeñaría Técnica Agrícola | 1 | Continúa a súa actividade | Servizos de Enxeñaría
| Enxeñaría Técnica Agrícola
| 1 | Continúa a súa actividade
| | Servizos Administrativos | FORUMANO | 1
| Peche da empresa
| | Servizos Audiovisuais | MATRIUSKA PRODUCCIONES, S.L. | 5
| Continúa a súa actividade | Servizos culturais
| ARTE FACTORÍA | 1
| Continúa a súa actividade | Servizos Sociais
| SERVICIO DE ATENCIÓN A DOMICILIO | 2
| Continúa a súa actividade | | Industria | ROTORPOL, S.L. | 10
| Peche da empresa |
|